Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Gramática da fantasía : Introdución á arte de contar historias / Gianni Rodari

por Rodari, Gianni [autor/a]; Otero, Pablo [ilustrador/a]; Gaspar, Silvia [tradutor/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroEditor: Pontevedra : Kalandraka , 2018 Edición: 3ª ed.Descrición: 180 p. ; 22 cm.ISBN: 9788484647058.Materia(s): Educación | Pedagoxía | Narración oralRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: “Inventar historias para nenos e axudalos a que as inventen eles mesmos, non para que uns e outros sexan artistas, senón para que ninguén sexa escravo”. Esta foi a intención de Gianni Rodari á hora de escribir “Grammatica della fantasia” (1973), unha obra de obrigada referencia para educadores, unha aportación sen precedentes á pedagoxía contemporánea e o legado co que Rodari transmite a súa idea revolucionaria e liberadora da literatura. A orixe do traballo está nun encontro con docentes no que Rodari participou en 1972, invitado polo Concello de Reggio Emilia (Italia). Con este manual, Rodari invita a converter a palabra en xogo, ao tempo que desvela o proceso de escribir historias para nenos e axúdalles aos cativos a inventar novos mundos. “Gramática da fantasía” ofrécelle ao lector a posibilidade de demostrar que para entrar na realidade non só serven as portas, senón tamén as fiestras: “Así é máis divertido e moito máis práctico”, afirmaba o escritor italiano. Este título está destinado a docentes, educadores e todas aquelas persoas que cren que a imaxinación debe ocupar un destacado lugar na educación da infancia. Lista(s) nas que aparece este ítem: Lecturas de verán para aprender 25
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Non existen ítems para este rexistro

“Inventar historias para nenos e axudalos a que as inventen eles mesmos, non para que uns e outros sexan artistas, senón para que ninguén sexa escravo”. Esta foi a intención de Gianni Rodari á hora de escribir “Grammatica della fantasia” (1973), unha obra de obrigada referencia para educadores, unha aportación sen precedentes á pedagoxía contemporánea e o legado co que Rodari transmite a súa idea revolucionaria e liberadora da literatura.

A orixe do traballo está nun encontro con docentes no que Rodari participou en 1972, invitado polo Concello de Reggio Emilia (Italia). Con este manual, Rodari invita a converter a palabra en xogo, ao tempo que desvela o proceso de escribir historias para nenos e axúdalles aos cativos a inventar novos mundos. “Gramática da fantasía” ofrécelle ao lector a posibilidade de demostrar que para entrar na realidade non só serven as portas, senón tamén as fiestras: “Así é máis divertido e moito máis práctico”, afirmaba o escritor italiano.

Este título está destinado a docentes, educadores e todas aquelas persoas que cren que a imaxinación debe ocupar un destacado lugar na educación da infancia.

Coa tecnoloxía Koha