Fole, Ánxel

Á lus do candil : contos a carón do lume / Ánxel Fole - 7ª - Vigo :Galaxia ,1988 - 166 p :il ;22cm

A Biblioteca de autor que Galaxia dedica ao autor lugués inclúe este libro que é fundamental para entender a evolución da literatura galega do século XX. A cuberta do libro reproduce un cadro de Carlos Maside e conserva o limiar que para a primeira edición fixera Salvador Lorenzana.
Publicado no 1953, Á lus do candil é unha colección de quince relatos nos que a imaxinación e o humor xogan un papel importante á hora de desenvolver as sorprendentes historias de misterio que xorden da vida cotiá. Coma os contos que se comparten o carón da lareira, as narracións de Fole conservan toda a frescura e espontaneidade, toda a graza e lixeireza que autores coma Italo Calvino consideran unha das virtudes fundamentais das obras literarias.

Inclúe vocabulario

3º-4º ESO

8471540606


Fantasía
Aventuras
Animales fantásticos

821.134.4-32"19"

Coa tecnoloxía Koha